#ninundíamáis

cabeceira

Nin un día máis é unha iniciativa cidadá para solicitar a dimisión do actual presidente da Deputación Provincial de Ourense, Jose Manuel Baltar, en base aos feitos coñecidos na DENUNCIA por ofrecer traballo a cambio de sexo.

NIN UN DÍA MÁIS 
Manifesto pola hixiene democrática.
A cidadanía ourensá non pode máis. Asistimos con estupor e indignación ao penúltimo escándalo vencellado á nosa Deputación Provincial. Despois dos descarados exercicios de nepotimo exercidos pola saga Baltar nas últimas décadas somos agora testemuñas dunha nova volta de rosca.
As gravacións que saíron á luz recentemente amosan ao Sr. Jose Manuel Baltar mantendo conversas nas que dá proba de prácticas absolutamente despreciables dende o punto de vista ético e que constitúen un exemplo claro de irresponsabilidade política.
Calquera intento do, aínda, presidente Baltar por limpar a súa imaxe a través de códigos éticos, auditorías ou exercicios de transparencia non son máis que unha carreira cara diante para tentar evitar por todos os medios o coñecemento da verdade: que exerce dende o seu cargo conductas indignas dun representante público e faino en beneficio propio. E que esas conductas non se limitan só ao actual período se non que son continuidade das mantidas como fillo do anterior presidente da Deputación.
Por todo isto consideramos que a súa permanencia no cargo afonda no descrédito crecente da cidadanía nas institucións. A súa falta de ética erosiona aínda máis a nosa, xa ferida, democracia.
A todo isto hai que sumar o exercicio lamentable de tentar confundir o nome de Ourense co do propio Baltar na campaña levada a cabo por membros do seu partido na provincia. As ourensáns e ourensáns non estamos orgullosos dun presidente así. A ourensanía é dignidade, valentía e esforzo por sacar esta terra adiante. A ourensanía condena o nepotismo e avergóñase cada vez que escoita ao Sr. Baltar nas gravacións.
Por hixiene democrática: nin un día máis no cargo. 
#BaltarDimisión #CreoenOurense
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s